Un recuncho con encanto
Presentación
En Meigas 12s cremos que o mellor feitizo é unha mesa compartida. Pola mañá servimos brunch e café de especialidade; pola tarde, o local ilumínase con velas e convértese en bar.
Traballamos con produto galego de tempada: pan de Cea, ovos da casa, queixos das queixarías da zona e café torrado en Galicia.
Ven almorzar sen présa, merendar cos amigos ou tomar algo cun toque de meiga.
